martes, 15 de julio de 2008

Algunhas pezas de interese

-Unha das pezas de interese do Museo é a moto guzzi.
Esta moto ten máis de 100 anos e está feita con pezas de outras motos. As persoas que a tiñan levábana as festas pa poder ligar (era coma si tiveses un Ferrari).
-Outra peza de interés é a tombola de ruleta "La Porteña". Esta ruleta era de un señor de A Ponte do Porto que se chamaba Chuco da Santa e con ela ía de festa en festa. O seu eslogan era: "con un duro, premio seguro". Os seus premios eran moi especiales, un exemplo é este: "Le ha tocado un auténtico casco de la moto", que en realidade era unha vasenilla.
-E un dos obxetos máis misteriosos do museo é unha boya do Nil (barco que afundio en Arou), e digo que é misteriosa porque leva desde o ano 1928 con líquido dentro e non pudre, é algo incrible.



viernes, 4 de julio de 2008

historia e ubicación

CandilEste museo foi creado por iniciativa veciñal e aberto ó público o día 1 de Abril de 1997. O seu fin primordial é mostrar a cultura etnográfica da zona e o seu ámbito territorial é comarcal.

Fondos: Artes aplicadas (mobles e aparellos), documentación variada entre a que destaca a referida a correspondencia comercial do encaixe de Camariñas, ferramentas e equipos, etc.
C/Curros s/n

Horario de apertura : de luns a domingo. 10-13,30 / 16-20 horas. Compre concertar previamente a visita no teléfono: 981 730 998

Gratuíto. Admítense doazóns.

Perruqueria
Apeiros


jueves, 3 de julio de 2008

Manuel Miñones

Manuel Miñones era un señor que lle compraba encaixe a Camariñas e vendíao por toda América. Podemos ver os seus libros de contabilidade no Museo Etnográfico de A Ponte do Porto. Manuel Miñones acabou facéndose rico a conta do Banco "Rio de la Plata".

Oficios do museo


-O Museo Etnográfico ten diversos oficios, entre eles, agricultura. Sin duda, é o traballo máis representativo da Costa da Morte. Podes encontrar diversos aparellos de ese oficio no Museo, aparellos antigos pero que seguimos utilizando. -Outro dos oficios que podemos ver no Museo é o de carpintería onde tamén se poden ver distintas ferramentas de carpinteiro.
-Un terceiro oficio é o de empresario. No Museo pódese ver a calculadora do "Banco Bilbao" (nunca se chegou a utilizar porque os empregados non sabían como facelo).
-Tamén hai unha perruquería que era so de señoras. O seu dono morreu o mesmo día que a dou po Museo.
-E non podía faltar o zapateiro que é outro dos oficios que podemos atopar no Museo. O fin e o cabo, era o que amañaba os zapatos.

miércoles, 2 de julio de 2008

Formación do Museo Etnográfico


O Museo Etnográfico foi creado en 1997 por iniciativa popular da Ponte do Porto. Con él, quérese transmitir a xeracións máis novas a historia de vida das xentes de A Ponte do Porto, os seus oficios máis representetivos, os espazos de vida: a casa, os lugares de diversión con documentos, mobles, moedas, libros e outros obxetos.